08/03/12
22/02/12
Rajoy, Sarkozy & Merkel Blues Band
Ilustración para portada da revista Voces indignadas
Etiquetas:
Caricatura,
Portadas e carteis
16/01/12
A estafa real pasa factura??

Ilustración para a portada do número 5 de Voces Indignadas, revista do Movemento 15M de Lugo.
(Nº5 xaneiro de 2012 para ler online ou descargar)
Urdangarín culpable? (o tempo e a xustiza dirán)
Etiquetas:
15M,
Caricatura,
Portadas e carteis
A fin do mundo está próxima

Nin as augas radioactivas de Palomares, nin 15 anos na presidencia da Xunta lograron acabar con el, pero non puido resistir ó 2012, ano da fin do mundo? (xa veremos...)
Fraga morreu: Fraga ha morto (que diría Feijoo)
Etiquetas:
Caricatura,
Humor gráfico
23/12/11
20/12/11
Educación nas mans dos mercados? + Rir por non chorar (3)


Ilustración para a portada do número 4 de Voces Indignadas, a revista do Movemento 15M de Lugo, e viñeta da sección Rir por non chorar deste mesmo número.
(Nº4 decembro de 2011 para ler online ou descargar)
Etiquetas:
15M,
Humor gráfico,
Portadas e carteis
Rir por non chorar (2)


Viñetas para a sección Rir por non chorar dos números 2 e 3 de Voces Indignadas, a revista do Movemento 15M de Lugo.
(Nº2 outubro de 2011 e Nº3 novembro de 2011 para ler online ou descargar)
Etiquetas:
15M,
Humor gráfico
01/11/11
Rir por non chorar (1)


Viñetas para a sección Rir por non chorar dos números 0 e 1 de Voces Indignadas, a revista do Movemento 15M de Lugo.
(Nº0 agosto de 2011 e Nº1 setembro de 2011 para ler online ou descargar)
Etiquetas:
15M,
Humor gráfico
02/07/11
Mundo cotián 6. Bocetos 1 e 2


Cousas dunha tarde de debuxo ó vivo ou ó natural na praza maior, con xaqueca, sentado nun banco á sombra e tentando que unha lixeira brisa me consolase un pouco.
Definitivamente, é máis facil debuxar á xente maior; está máis tempo parada na mesma postura...
Etiquetas:
Mundo cotián,
Probas e bocetos
03/06/11
World Of Popus (3)

Fragmentos dun fondo para unha fase do xogo World of Popus. Un templo subterráneo no corazón da illa na que viven os Popus.
Nesta primeira imaxe móstranse o fondo correspondente ó plano sobre o que se sitúa o Paleopopus, o chan sobre o que anda.
Na seguinte imaxe está unha parte do fondo que vai nun plano inferior, que ó desplazarse no xogo a unha velocidade diferente da unha maior sensación de profundidade.
Etiquetas:
Videogames
08/05/11
World Of Popus (2)

Fragmento dun fondo para unha fase do xogo World of Popus. Este é o deseño orixinal, que sufriu algunhas variacións por motivos técnicos e de xogabilidade.
Etiquetas:
Videogames
28/04/11
World Of Popus (1)


World Of Popus. Segundo videoxogo de Small Wonders no que traballei na parte gráfica, desta volta baixo a dirección artística de Noelia Rodríguez. Xogo que polo momento se pode conseguir para iPhone e iPod Touch
Imaxes do deseño dun dos escenarios de xogo, no que se ve a vila na que viven os Popus. Bocetos e acabados finais dos fogares destes peculiares seres.
Etiquetas:
Videogames
19/04/11
20/01/11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








