Quere un debuxo?

Martes, 25 de setembro de 2007, entre as 17:00 e as 20:30 h., desenvolveuse a primeira xornada do Proxecto SMS Urxente! Museo+Xuventude na Praza Maior da cidade de Lugo.

Pintores, músicos, actores, debuxantes, cineastas e escritores amosaron creacións propias inspiradas nas obras expostas no Museo Provincial.

Dous debuxantes ilustraron á carta os antollos do paseante (entre eles eu, o outro foi Javier Rey).

Os debuxos foron entregados o xoves, na segunda xornada do evento, no Museo Provincial de Lugo.

E como non, aquí van, a continuación (nas seguintes entradas), os resultados, co nome do que me pediron exactamente. Sendo sincero debo dicir que dado ó alto número de peticións (para min foi alto de carallo que os tiven que facer...), nalgún caso os debuxos son copias, realizadas de novo, doutros traballos que xa fixera anteriormente e que se adaptaban ben á petición, ademais dalgún que outro que vai repetido, hehe.

Sen esquecer a "homenaxe" que lle fixen ó debuxante belga Peyo, coa representación dun pitufo rosa (vese que non podían pedir algo mais ocorrente)

http://www.museolugo.org/novas/museo/07_09_25_2.htm

Entradas populares