Proxección no museo

O xoves, 27 de setembro de 2007, tivo lugar a segunda xornada do Proxecto SMS Urxente! Museo+Xuventude. Número especial da revista oral O pazo das musas.

Houbo unha representación teatral (realmente foron dúas, dous pases) no Museo Provincial de Lugo acompañada por músicos, lectura por parte dos actores de relatos, proxección de curtametraxes e de ilustracións...

Foi despois dos pases cando se entregaron os debuxos, relatos e poemas ás persoas que os pediron o martes na praza maior.

Pero agora o que vou poñer son as ilustracións que se proxectaron, as que realicei eu, pois houbo outras cinco a cargo de Javier Rey.

http://www.museolugo.org/novas/museo/07_09_27.htm

-



Entradas populares