As imaxes dos sábados (13)

Pese a ser a "entrega" 13 non foi a que trouxo peor sorte, de momento esa foi a nº11...




-Día: sábado 26 de xullo de 2008. -Xornal: El Progreso de Lugo. -Suplemento: Revista. -Páxinas: non o sei, tería que mirar.

Sexo:
"Sensualidad o sexualidad" ou "¿Cómo ser sexy y no morir en el intento?"

Relaciones Personales:
"Inteligencia emocional IV. El lenguaje de las emociones"


Estas foron, ó igual que as da semana anterior, feitas durante a estadía en Les Cases d'Alcanar.

Nestas imaxes, tiven igual que nalgunha outra ocasión moito tempo para realizalas, de hoxe para hoxe practicamente.

No caso da de sexo de non saírme á primeira un boceto convincente, e ante a falla de documentación visual para tentar facer unha estrutura corporal equilibrada e sobre todo proporcionada (internet non ía nin pa dios e non podía buscar imaxes de mozas coas patas cruzadas), estiven por dicirlle a algunha por alí que posara así, pero ó final non fixo falla.

De feito os problemas coa conexión obrigáronme a ir ata Vinaròs, a uns dez quilómetros (igual tiña conexión mais preto, non o sei, pero así de paso visitei o lugar outra vez), para poder ver de que temas se trataban. Salvou un pouco a cousa que para mandalas imaxes non me tiven que trasladar.

Pensándoo mellor, a 13 si que foi das que peor sorte trouxo, a ver se vai ser verdade iso que se di deste número... eu por se acaso non vou tocar madeira, que igual remato por crer nestas cousas, hehe.

Entradas populares