Battle Of Puppets (1)





Primeira entrega de ficha de personaxes de Battle of Puppets.
No que ás personaxes se refire encargueime de darlles o acabado final, a cor e facer tódalas animacións que aparecen no xogo. O deseño das personaxes, os conceptos, correron a cargo de Anxo Vizcaíno (Flipeo12).

Neste caso como se pode ler na propia ficha mostro personaxes (títeres ou monicreques) do exército da ópera de Carmen.


Battle of Puppets, para quen non o saiba, é un videoxogo para Iphone e Ipod Touch realizado pola lucense Smallwonders, onde estou a traballar dende o verán de 2009.

Este é o primeiro xogo da empresa, e xa colleitou algúns éxitos como as catro nominacións ós Premios Nacionales de la Industria del Videojuego deste 2010 (mellor deseño de xogo, mellor arte, mellor videoxogo móbil e premio do público), gañando o de Mellor videoxogo móbil; ou as máis de 400.000 descargas que leva ás súas costas.

Entradas populares